grupo-defensa-entrenamiento-celta-vigo-a-toxa-portonovo-160719.jpg
Celtismo

Portas abertas no adestramento vespertino deste xoves en Portonovo

RC Celta

O equipo continúa traballando con gran intensidade na concentración da Toxa e Portonovo. Os celestes realizarán este xoves unha nova dobre sesión, con adestramento pola mañá e pola tarde no Campo de Baltar. A sesión vespertina, que comeza ás 18:30, abrirá as súas portas a todos os afeccionados interesados en comprobar a evolución dos xogadores nesta pretempada, sen dúbida unha gran oportunidade para vivir en primeira persoa a forma de traballar do plantel e o corpo técnico.

Partido contra o CD Lugo

O RC Celta disputará este sábado ás 20:30, ante o CD Lugo, o seu primeiro amigable deste verán. O club lembra que as entradas para este choque xa están á venda na cantina do Campo de Baltar, en horario de 09:00 a 21:00, por un custo de 15€ para Tribuna e 10€ para o resto de localizacións.

Últimos días para renovar o abono e conservar o asento

As vantaxes da campaña de abonados conclúen o 19 do presente mes, día no que se liberarán os asentos daqueles socios que non tramitasen a súa renovación.  O club anima aos abonados a que renoven antes desa data para gozar desta vantaxe e  conservar o seu asento e desta maneira formar parte dun ilusionante proxecto creado ao redor da canteira celeste. Poden tramitar o seu abono na rede de caixeiros de Abanca en toda Galicia e tamén completar todas as xestións, incluída o financiamento, online en istovaidecorazon.com

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas