rafinhaa.jpg
Primeiro Equipo

Presentación de Rafinha: este xoves ás 20.00 horas en Abanca Balaídos

RC Celta

presentación de Rafinha Alcántara como novo xogador do RC Celta, a última da ‘Operación Retorno’ e que redondea unha dos persoais máis ilusionantes da historia do club, será este xoves no estadio Abanca Balaídos a partir das 20.00 horas. Os afeccionados poderán acceder á bancada de Tribuna Baixa polas portas 3 e 8 desde media hora antes, ás 19.30 horas.

O acto comezará coa rolda de prensa ante os medios de comunicación. Unha vez finalice, Rafinha saltará ao céspede coa súa nova camiseta, a do RC Celta, para saudar e fotografarse cos afeccionados presentes nas bancadas. O novo futbolista celeste pechará a súa presenza no terreo de xogo cun lanzamento de balóns á bancada e firma de autógrafos.

Por último, ao acabar a presentación no céspede, o novo xogador do RC Celta acudirá á tenda do estadio para asinar tarjetones aos afeccionados que así o desexen.

Directo en Celta Media

Todo o evento, tanto a rolda de prensa ante os medios de comunicación como os diferentes actos sobre o terreo de xogo, serán retransmitidos en directo por Celta Media a través da canle oficial de youtube. Os afeccionados presentes en Abanca Balaídos poderán seguir a comparecencia de prensa polos videomarcadores do estadio.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas