santi-mina.jpg
Celtismo

Presentación de Santi Mina: este venres en Abanca Balaídos

RC Celta

O estadio Abanca Balaídos vivirá esta semana un momento moi especial. A presentación de Santi Mina, unha das máis esperadas nos últimos anos, será este venres no estadio vigués. Os afeccionados poderán acceder á bancada de Tribuna Baixa polas portas 3 e 8 desde as 18.15 horas.

O acto comezará cunha rolda de prensa ante os medios de comunicación. Acto seguido, o xogador saltará ao céspede coa camiseta do RC Celta ás 19:23 horas. Alí poderá saudar de novo á súa afección, á que entregará 15 balóns asinados.

Por último, ao acabar a presentación no terreo de xogo, Santi Mina acudirá á tenda do estadio para asinar tarxetóns a todos os afeccionados que así o desexen até as 20.45 horas.

Directo en Celta Media

Todo o evento, tanto a rolda de prensa ante os medios de comunicación que comenzará ás 18.45 horas como os diferentes actos sobre o terreo de xogo, serán retransmitidos en directo por Celta Media a través da canle oficial de youtube. Os afeccionados presentes en Abanca Balaídos poderán seguir a comparecencia de prensa polos videomarcadores do estadio.

‘Isto vai de corazón’

O club anima a todos os afeccionados celestes a asistir a esta especial presentación e a renovar o seu abono ou xestionar a súa alta de maneira online na páxina web istovaidecorazon.es até o 19 de xullo para acompañar ao equipo nesta ilusionante tempada.

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas