Presentación del Campus de verano Fundación Celta by Cabreiroá 2019 en Ames

 

Esta mañá tivo lugar no Campo de fútbol Milladoiro a presentación do Campus de verán da Fundación Celta by Cabreiroá na localidade. Un campus que se desenvolverá do 24 ao 28 de xuño en horario matinal no campo de fútbol da Estrada destinado a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e que contará coa supervisión e o control técnico dos preparadores da canteira celeste. Coa inscrición ao campus, ademais de participar na actividade, os mozos recibirán un equipamento completo da marca Adidas.

Na presentación estiveron presentes José M. Miñones Conde, alcalde de Ames e Checho presidente do Club SD Milladoiro. A actividade foi presentada por Alex Albalde, representante da Fundación.