Presentación do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2019 en A Estrada

Esta mañá tivo lugar no Campo Municipal de Fútbol da Estrada a presentación do Campus de verán da Fundación Celta by Cabreiroá na localidade. Un campus que se desenvolverá do 24 ao 28 de xuño en horario matinal no campo de fútbol da Estrada destinado a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e que contará coa supervisión e o control técnico dos preparadores da canteira celeste. Coa inscrición ao campus, ademais de participar na actividade, os mozos recibirán un equipamento completo da marca Adidas.

Na presentación estiveron presentes Marcos Piñeiro (Directivo do Club), o coordinador da Escola Pacheco. A actividade foi presentada por Alex Albalde, representante da Fundación.