Presentación do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2019 en Cacheiras

Esta mañá tivo lugar no Campo de fútbol Cañoteira a presentación do Campus de verán da Fundación Celta by Cabreiroá na localidade. Un campus que se desenvolverá do 24 ao 28 de xuño en horario matinal no campo de fútbol da Estrada destinado a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e que contará coa supervisión e o control técnico dos preparadores da canteira celeste. Coa inscrición ao campus, ademais de participar na actividade, os mozos recibirán un equipamento completo da marca Adidas.

Na presentación estiveron presentes José Manuel Fernández Seoane, presidente e Manuel Rodríguez Lueiro vicepresidente do Club. A actividade foi presentada por Alex Albalde, representante da Fundación.