Presentación do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2019 en Compañía de María De Santiago

Esta tarde tivo lugar nas instalacións do colexio Compañía de María De Santiago de Compostela a presentación do Campus de verán da Fundación Celta by Cabreiroá na localidade. Un campus que se desenvolverá do 24 ao 28 de xuño en horario matinal no campo municipal de Belvís destinado a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e que contará coa supervisión e o control técnico dos preparadores da canteira celeste. Coa inscrición ao campus, ademais de participar na actividade, os mozos recibirán un equipamento completo da marca Adidas.

Na presentación estiveron presentes Jesús Manrique, presidente do club, Juan Montoiro e Paula Couto coordinadores do club Compañía de María.

A actividade foi presentada por Alex Albalde, coordinador xeral de campus e clinics da Fundación e responsable de Celta Integra e Germán Arteta, director da Fundación Celta.