Presentación do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2019 en Lalín

Esta mañana tivo lugar nas instalacións do EF Lalín de Lalín a presentación do Campus de verán da Fundación Celta by Cabreiroá na localidade. Un campus que se desenvolverá do 1 ao 5 de xullo en horario matinal no EM Manuel Ánxo Cortizo destinado a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e que contará coa supervisión e o control técnico dos preparadores da canteira celeste. Coa inscrición ao campus, ademais de participar na actividade, os mozos recibirán un equipamento completo da marca Adidas.

Na presentación estiveron presentes Santi Castro, Concelleiro de deportes, Dani Gavieiro, capitán do Xuvenil EF Lalín e Javi López, Coordinador Xeral do EF Lalín.

A actividade foi presentada por Alex Albalde, coordinador xeral de campus e clinics da Fundación Celta e responsable de Celta Integra.