Presentación do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2019 en Portero 2000

Na matinal de hoxe mércores 26 de Xuño, levouse a cabo a presentación do Campus de Fútbol que a EF Porteiro 2000 organiza en colaboración coa Fundación do RC Celta de Vigo.

O Campus, que se desenvolverá nas instalacións do Campo Municipal de Monteporreiro durante os días 1 ao 5 de Xuño, está dirixido a nen@s entre 4 e 14 anos, co fin de ofrecer unha semana de adestramento, diversión, compañeirismo e moito fútbol, da man dalgúns dos adestradores da canteira celeste.

Tras o éxito obtido na pasada edición, a Fundación Celta de Vigo renova a súa colaboración coa EF Porteiro 2000, co obxectivo de que calquera nen@ da área de Pontevedra, poida gozar dunha nova experiencia futbolística que sen dúbida, será do agrado de tod@s.