Presentación do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá en Teo

Esta mañán tivo lugar no Concello de Teo a presentación do campus de verán da Fundación Celta by Cabreiroá na localidade. Un campus que se desenrrolará do 25 ao 29 de xuño en horario matinal no campo de fútbol de Cacheiras destinado a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e que contará coa supervisión e o control técnico dos preparadores da canteira celeste. Coa inscripción ao campus, ademáis de participar na actividade, os rapaces recibirán unha equipación completa da marca Adidas.

Na presentación estuvieron presentes José Luis Míguez (Responsable deportes Concello), Jorge Carballido (Concelleiro de Deportes), José Manuel Rodríguez (Vicepresidente), José Manuel Fernández (Presidente) e Álex Abalde coordinador xeral de campus e clinics da Fundación Celta e responsable de Celta Integra.