Presentados os traxes oficiais deseñados por Florentino

florentinoweb

O acto tivo lugar no Hotel Pazo Los Escudos

 

O Real Club Celta e Florentino selaron o seu vínculo de colaboración esta tarde, aproveitando a presentación dos traxes oficiais no Hotel Pazo Os Escudos. O vicepresidente Pedro Pousada agradeceu a Florentino “a delicadeza e detalle con que deseñou os traxes para o primeiro equipo. É unha honra que os nosos xogadores paseen esta firma por toda España e esperamos que esta unión dure moitos anos”. Pola súa banda, o deseñador e empresario Florentino Cacheda declarou “sentir unha gran emoción” xa que é “do Celta desde pequeno. Estou moi contento”.

 

Ao acto tamén asistiron Primitivo Ferro, conselleiro do club, e os xogadores do primeiro equipo Borja Oubiña, Quique De Lucas e Ju Young Park; ademais doutros representantes do club e os principais patrocinadores do Real Club Celta.

Leave a Reply

7 − three =