Primeira derrota da tempada para o Celta B

Borja_Dominguez_-_Celta_B.jpg

O filial céltico perdeu esta tarde no campo do Avilés por 4-0

 

O Celta B caeu derrotado por primeira vez nesta campaña. O Avilés foi claramente superior e fíxose co partido cun resultado final de 4-0. Un gol celeste anulado por un inexistente fóra de xogo e un penalti non indicado puideron cambiar a dinámica do partido.

 

A próxima xornada os de De Dios mediranse ao Guijuelo en Barreiro, onde esta tempada só colleitaron vitorias. Tras cinco xornadas o filial ocupa a terceira posición con dez puntos.

 

4-Avilés: Ángel, Dani López, Gonzalo, Mikel, Nacho López, Cusidor, Álex Arias, Gerardo, Borja Prieto, Camochu e Omar

 

0-Celta B: Rubén Blanco, Kevin, Soto, Antón, Maceira, Javi Rey, Yelko Pino, Borja Domínguez, Añón, Marcos Torres e Borja Iglesias

 

Goles: Camochu (1-0, min.7); Álex Arias (2-0, min.37 y 3-0, min.70); Geni (4-0, min.90)

 

Campo: Suárez Puerta

 

Fotografía: Marta Grande

Leave a Reply

three + 18 =