Primeira derrota da tempada para o Celta B

Tras oito xornadas invicto chegou a primeira derrota para o Celta B. Os celetes víronse superados este domingo polo Fuenlabrada no campo Fernando Torres, onde caeron 2-0. O primeiro tanto chegou no primeiro tempo tras un erro defensivo e o segundo co tempo regulamentario xa cumprido. O filial céltico recibe ao UD Sanse o vindeiro domingo ás 12:00 en Barreiro.