PROYECTO DE INTERCAMBIO CON ALUMNOS NORTEAMERICANOS

Os primeiros alumnos que inician o proxecto de intercambio con estudantes norteamericanos chegaron o pasado 12 de setembro a Donovan Catholic School de New Jersey, o colexio onde cursarán o primeiro trimestre de 4º de ESO, compartindo estudos e vivencias con estudantes norteamericanos e coas familias que os acollen. Será unha gran oportunidade para avanzar no seu nivel de inglés, pero tamén para coñecer unha cultura e un estilo de vida diferentes. Regresarán o mes de decembro e en xaneiro será un grupo de estudantes norteamericanos os que se incorporarán ás clases de 4º de ESO nos catro colexios Los Sauces. O proxecto inicia a súa andaina con sete alumnos dos nosos catro colexios que partiron cara a EE.UU. acompañados pola Xefa de Estudos de Los Sauces Pontevedra, Marité Vázquez.

 

Leave a Reply

seventeen − 13 =