Quinta convocatoria de Aspas coa Absoluta e segunda de Iván coa Sub-21

aspasseleccion.JPG

 

Iago Aspas vai camiño de consolidarse como un habitual da Selección Española. O seleccionador nacional Julen Lopetegui convocou ao de Moaña por quinta vez, nesta ocasión de face aos partidos contra Albania e Israel clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018. A Selección Española afrontará ante Albania o primeiro destes dous últimos partidos da Fase de Clasificación o 6 de outubro no Estadio José Rico Pérez e o segundo, ante Israel, o 9 de outubro en Xerusalén.

 

 

Pola súa banda, o tamén canteirán Iván Villar regresa a unha convocatoria da Sub-21 tras estrearse o pasado mes de agosto nunha lista de ‘la Rojita’. A Sub-21 española xogará o 10 de outubro en Eslovenia a segunda xornada da Fase de Clasificación ao Campionato de Europa da categoría.

 

Leave a Reply

eleven − eight =