Radoja, Cabral e Tucu cítanse co celtismo no espazo de DR&N en El Corte Inglés

Os xogadores celestes Radoja, Cabral e Tucu Hernández acudirán este luns 7 de maio ás 19:00 horas ao espazo de Do Rego and Novoa, provedor oficial do RC Celta, no Corte Inglés de Vigo. Os xogadores asinarán autógrafos a todos os celtistas que acudan a coñecerlles que, ademais, terán a oportunidade de aproveitar o 20% de desconto co que a firma téxtil galega agasallará aos asistentes durante o acto.