Rafinha, premio Xogador Estrella Galicia do mes de febreiro


Rafinha Alcántara recibiu este mércores na Madroa o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de febreiro. O centrocampista celeste obtivo o 45% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Murillo cun 30% dos votos e de Iago Aspas cun 25%.

O brasileiro, que recibiu o galardón de mans de Sara Fernández, propietaria do bar Esquina, mostrou o seu agradecemento ao recoller o seu segundo premio Estrela Galicia da tempada. “Moitas grazas a todos os afeccionados por votarme para este premio”, apuntou.

De face ao próximo partido de LaLiga ante o Vilarreal onde o RC Celta quere conseguir a vitoria para escalar postos na clasificación, Rafinha destacou o bo momento de forma do equipo. “A mentalidade deste último é de que cada partido é unha final e quédannos 11 partidos nos que temos que puntuar o máximo posible e queremos seguir con esta dinámica tan positiva”, comentou. Sobre xogar a porta pechada, o centrocampista falou de “sensación estrana” e engadiu que “a todo futbolista gústalle xogar con afeccionados”.