Rai Marchán reforza a medular do filial

rai_marchan_celta_b.JPG

 

O Celta B continúa incorporando xogadores de calidade e experiencia que arroupen e impulsen aos máis novos do equipo. Tras as contratacións de Dani Sotres, Dennis Eckert e Víctor Pastrana, o centrocampista Rai Marchán convértese na cuarta fichaxe para a tempada 2017/18. O futbolista catalán, que chega do Valladolid B, firma por dúas campañas con outras dous opcionais.

 

Rai Marchán (Barcelona, 1993) é un mediocentro de percorrido, con boa saída de balón, manexo do esférico en curto e longo e con poderío no xogo áreo. Formado na canteira do Real Madrid, debutou en Segunda División B en 2012 cedido no Leganés. Chega a Vigo tras xogar no Real Madrid C, Valencia Mestalla e Valladolid B e acumular 78 partidos na categoría de bronce.

Leave a Reply

five × four =