Rápido de Bouzas – RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 24 de Segunda División B ante o Rápido de Bouzas (domingo, 16:30, Baltasar Pujales).

A lista fórmana Fran, Iván Villar, Alende, Manu Farrando, Pampín, Aarón, Robert Costa, Ros, Pastrana, Rai, Álex Serrano, Dani Molina, Ibán Salvador, Solís, Dani Vega, Mancebo, Apeh e Bermejo.

Jacobo é baixa por lesión e Riki Mangana está concentrado coa súa selección.