RC Celta – Atlético: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Antonio Mohamed, convocou a dezaoito futbolistas para a terceira xornada de LaLiga 2018/19. O RC Celta recibe ao Atlético de Madrid este sábado 1 de setembro ás 18:30 no estadio ABANCA Balaídos.

A lista completa fórmana Sergio, Hugo Mallo, David Costas, Araujo, Okay, Emre Mor, Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Sisto, Rubén, Lobotka, Boufal, Cabral, Brais Méndez, Roncaglia, Júnior Alonso e Dennis Eckert.

Son baixas por lesión Juncà e Jensen. Non entran na lista Kevin, Radoja, Hjulsager, Mazán e Jozabed.