RC Celta B – Alcoyano: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles para a ida do playout pola permanencia en 2ªB ante o Alcoyano (domingo, 12:00, Barreiro). Jacobo, Aarón Rey e Mancebo son baixas por lesión e Ibán Salvador é baixa por sanción.

O club lembra que para este encontro non haberá entradas á venda dada a gran expectación xerada en torno ao choque e o dereito dos abonados celestes a asistir de maneira gratuíta. O RC Celta fai un chamamento á súa masa social para acudir este domingo a Barreiro e encher o campo nun partido de enorme importancia para o filial celeste.