RC Celta B – Coruxo FC: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou todos os xogadores dispoñibles, ademáis dos xuvenís Sergio e Iker Losada, para o partido da xornada 23 de Segunda División B ante o Coruxo FC (domingo, 16:00, Barreiro).

A lista fórmana  Fran, Iván Villar, Pablo, Alende, Manu Farrando, Pampín, Sergio, Aarón, Robert Costa, Ros, Pastrana, Rai, Dani Molina, Ibán Salvador, Solís, Iker Losada, Dani Vega, Mancebo e Bermejo.

Álex Serrano e Jacobo son baixa por lesión, Riki Mangana está concentrado coa súa selección e Apeh está citado co primeiro equipo.