RC Celta B – Internacional: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles, entre eles os xuvenís Sergio Carreira, Obama e Jose Fontán, para o partido da xornada 33 de Segunda División B ante o Internacional de Madrid (domingo, 12:00, Barreiro).

A lista fórmana Fran, Iván Villar, Pablo, Alende, Pampín, Manu Farrando, Fontán, Sergio, Álex Serrano Jacobo, Riki, Robert Costa, Ros, Pastrana, Rai, Solís, Mancebo, Aarón, Ibán Salvador, Dani Veiga, Apeh, Obama e Bermejo.

Dani Molina é baixa por lesión.