RC Celta B – Navalcarnero: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles, entre eles os xuvenís Sergio Carreira e Fontán, para o partido da xornada 31 de Segunda División B ante o Navalcarnero (domingo, 12:00, Barreiro).

A lista fórmana Fran, Iván Villar, Pablo, Alende, Manu Farrando, Sergio, Fontán, Álex Serrano Jacobo, Riki, Robert Costa, Ros, Pastrana, Rai, Solís, Mancebo, Ibán Salvador, Dani Veiga, Apeh e Bermejo.

Pampín, Dani Molina e Aarón son baixa por lesión.