RC Celta, Deportivo e FC Porto protagonizan un dobre triangular amigable na Madroa

porto-celta-depor-1516.jpg

O Cadete B (Sub-15) e o Infantil B (Sub-13) póñense a proba este mércores ante dous esixentes rivais

 

Os equipos Cadete B (Sub-15) e Infantil B (Sub-13) do RC Celta mídense este mércores ao FC Porto e o RC Deportivo en senllos triangulares amigables que terán lugar nas instalacións deportivas da Madroa. Os partidos de ambas as categorías arrincarán simultaneamente ás 17:30 co enfrontamento entre celestes e dragões, ás 18:30 será a quenda do Deportivo ante os portugueses e a velada de fútbol finalizará ás 19:30 cos derbis galegos.

 

Esta iniciativa referenda a boa relación do RC Celta co RC Deportivo e o FC Porto e permite aos técnicos e xogadores célticos porse a proba ante dúas esixentes canteiras.

 

CADETE B (SUB-15)

RC Celta – FC Porto: 17.30h (campo sintético grande, A Madroa)

RC Deportivo – FC Porto: 18.30h (campo sintético grande, A Madroa)

RC Celta – RC Deportivo: 19.30h (campo sintético grande, A Madroa)

 

INFANTIL B (SUB-13)

RC Celta – FC Porto: 17.30h (campo sintético pequeno, A Madroa)

RC Deportivo – FC Porto: 18.30h (campo sintético pequeno, A Madroa)

RC Celta – RC Deportivo: 19.30h (campo sintético pequeno, A Madroa)

Leave a Reply

6 + 15 =