Hemeroteca club

RC Celta e ABANCA manteñen un encontro institucional en Vigo

RC Celta

mouriño_escotet_abanca_celta_sede.jpg

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, mantiveron esta mañá un encontro institucional na sede do club celeste. A reunión, que se desenvolveu nun clima de máxima cordialidade, serviu para confirmar os lazos que unen a ABANCA co RC Celta e coa cidade de Vigo e para explorar posibles vías para ampliar a súa colaboración nos proxectos de futuro do RC Celta.

 

RC Celta e ABANCA manteñen unha sólida relación de colaboración e institucional que ambos os presidentes están interesados en intensificar. O mandatario celeste fixo entrega a Juan Carlos Escotet de dous obsequios: unha camiseta personalizada co nome de ABANCA e o número 3, en referencia ao tres anos de vida do banco galego, e unha segunda elástica dedicada ao 300º aniversario da fundación do Banco Etcheverría.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas