Audiovisual

RC Celta e ABANCA reforzan a súa colaboración institucional cun acordo para os próximos 10 anos

RC Celta

Carlos Mouriño, presidente do Real Club Celta e Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA presentaron este mediodía no Salón regio da Sé un novo acordo que reforza a colaboración institucional entre ambos e renova os términos do patrocinio deportivo. O plan polo que ABANCA convértese na entidade financeira de referencia, e main partner do RC Celta contempla unha colaboración estable durante os próximos 10 anos e un cambio no nome do estadio que pasará a chamarse comercialmente ABANCA Balaídos.

Para o presidente do RC Celta “para nós é importantísimo estar coas empresas de máis éxito de Galicia”. Engadiu que con este acordo con ABANCA “estámolo facendo, imos facer un Celta moitisimo máis grande, en beneficio de Vigo e de Galicia”.

“É importantísimo este acordo con ABANCA, queremos recoller o espírito de colaboración que sempre tivemos e seguimos tendo”, concluíu.

Pola súa banda, Francisco Botas manifestou trala firma que “somos unha entidade que pensa sempre no longo prazo e na continuidade dos proxectos que apoiamos. O acordo que hoxe presentamos comparte este mesmo espírito de estabilidade e unha proba de que o Celta é para ABANCA un compañeiro de viaxe a longo prazo”.

Reforzo institucional e novo acordo publicitario

O novo acordo de colaboración amplía o alcance e a duración temporal do actual. Ademais de pasar a formar parte do nome do estadio, a marca ABANCA estará nas costas da camiseta do RC Celta, na roupa de paseo e adestramento, no estadio e no campo de adestramento, no autobús, e un gran número de soportes publicitarios máis.

Ademais, refórzanse a colaboración institucional entre a entidade financeira e o club vigués e as accións promocionales con xogadores do primeiro equipo.

Ao longo do mes de xuño presentarase a imaxe do novo nome do estadio

ABANCA co mundo do deporte: da base á élite

ABANCA está plenamente implicada no mundo do deporte desde a base ata a élite polo convencimiento da filosofía de traballo e os valores que transmiten estas prácticas a todas as xeracións. Conxuntamente coa Fundación Deporte Galego, a entidade financeira mantén un plan quinquenal de impulso que se compromete directamente coa sostenibilidade económica destes clubs. Na súa última edición, presentada a pasada semana, o apoio de ABANCA chega a 158 conxuntos galegos de distintas disciplinas deportivas nos que practican deporte máis de 10.000 nenos.

.ABANCA tamén xoga un papel protagonista no deporte de alta competición, onde apoia de forma activa aos principais clubs galegos que disputan ligas de élite.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas