RC Celta e Deportivo promoven a doazón de sangue en Galicia

Este luns 23 de marzo arrinca a campaña de doazón de sangue promovido pola Fundación Celta, o Real Club Deportivo da Coruña e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Consellería de Sanidade. A campaña, especialmente importante estas semanas, finalizará o día 25 de abril e os afeccionados dos dous equipos que doen en calquera unidade móbil en toda a comunidade poderán pedir unha camiseta deseñada para a acción en calquera punto, xa sexan unidades móbiles ou centros de doazón fixos.

É necesario pedir cita previa no teléfono 900 100 828. A información da localización das unidades está na web de ADOS.