RC Celta e Fundación colaboran coa asociación Afaga

RC Celta e Fundación reforzan o seu vínculo coas entidades que traballan no ámbito do benestar social. O presidente do club, Carlos Mouriño, mantivo un encontro co presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheímer e outras demencias de Galicia (Afaga), Juan Carlos Rodríguez, e o vogal da asociación, Remigio Rodríguez, para establecer futuras colaboracións.

Afaga celebra este ano o seu 25 aniversario e o club e a súa Fundación queren apoiar na medida do posible a unha entidade que realiza unha tarefa encomiable para axudar ás familias que padecen esta terrible enfermidade.