RC Celta-FC Barcelona: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Juan Carlos Unzué, convocou a 19 xogadores para o partido deste martes ante o FC Barcelona (Balaídos, 21:00), entre eles os xogadores do filial Brais Méndez e Diego Alende. A listaxe fórmana Sergio, Rubén, Sergi Gómez, Fontàs, Cabral, Roncaglia, Jonny, Mazán, Alende, Lobotka, Radoja, Wass, Jozabed, Brais, Iago Aspas, Boyé, Sisto, Emre Mor e Maxi Gómez.

Hugo Mallo e Tucu son baixas por acumulación de tarxetas. Radoja, aínda que convocado, é dúbida por molestias físicas.