RC Celta – FC Barcelona: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a dezaoito xogadores para o partido da trixésimo sexta xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe ao FC Barcelona (sábado, 20:45, ABANCA Balaídos).

A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araújo, Okay Yokuslu, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Pione Sisto, Rubén, Lobotka, Olaza, Hjulsager, Boufal, Jozabed, Cabral, Brais Méndez e Boudebouz.

Emre Mor é baixa por lesión. Juncà, Hoedt, Kevin, Jensen e Radoja non entran na listaxe.