RC Celta-Getafe: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Antonio Mohamed, convocou a dezaoito futbolistas para a sétima xornada de LaLiga 2018/19. O RC Celta recibe ao Getafe CF este luns 1 de outubro ás 21:00 no estadio ABANCA Balaídos.

A listaxe completa fórmana Sergio, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Sisto, Rubén, Lobotka, Juncà, Jensen, Boufal, Cabral, Brais Méndez, Roncaglia, Júnior Alonso e Dennis Eckert.

Emre Mor é baixa por lesión. Non entran na listaxe David Costas, Kevin, Radoja, Hjulsager, Mazán e Jozabed.