RC Celta – Real Madrid: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a dezanove xogadores para o partido da primeira xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe ao Real Madrid (sábado, 17:00, Abanca Balaídos).

A lista completa fórmana: Rubén Blanco, Iván Villar, David Costas, Araujo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Iago Aspas, Pione Sisto, Lobotka, Olaza, Jorge Sáenz, Aidoo, Gabriel Fernández, Kevin, Brais Méndez, Pape Cheikh, Carreira, Bermejo e Iker Losada.

David Juncà, Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Santi Mina e Okay Yokuslu son baixas por lesión. Beauvue, Juan Hernández e Jozabed non entran na lista.