RC Celta – Real Sociedad: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a vinteún xogadores para o partido da trixésimo primeira xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe á Real Sociedad (domingo, 18:30, ABANCA Balaídos).

A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araújo, Okay Yokuslu, Emre Mor, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Pione Sisto, Hoedt, Rubén, Lobotka, Olaza, Hjulsager, Jensen, Boufal, Kevin, Jozabed, Cabral e Boudebouz.

David Juncà é baixa por lesión. Brais Méndez é baixa por sanción. Radoja non entra na listaxe.