RC Celta-Sevilla FC: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Juan Carlos Unzué, convocou a 18 xogadores para o partido deste sábado ante o Sevilla FC (Balaídos, 16:15), entre eles os xogadores do filial Brais Méndez e Dennis Eckert. A listaxe fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Cabral, Roncaglia, Jonny, Lobotka, Radoja, Tucu Hernández, Wass, Jozabed, Brais, Iago Aspas, Boyé, Sisto e Dennis Eckert.

Mazán é baixa por lesión e Maxi Gómez por sanción. Emre Mor non entra na listaxe.