RC Celta – Vilarreal CF: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a vinteun xogadores para o partido da vixésimo novena xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe ao Vilarreal (sábado, 18:30, Abanca Balaídos).

A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Okay Yokuslu, Emre Mor, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Pione Sisto, Hoedt, Rubén, Lobotka, Olaza, Hjulsager, Jensen, Boufal, Kevin, Jozabed, Cabral, Brais Méndez e Boudebouz.

David Juncà é baixa por lesión. Radoja e Araujo non entran na listaxe.