Real Betis – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a vinte xogadores para o partido da undécima xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Real Betis (mércores, 21.00, Benito Villamarín).

A listaxe completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Iago Aspas, Rubén Blanco, Rafinha, Lobotka, Juncà, Olaza, Aidoo, Gabriel Fernández, Santi Mina, Brais Méndez, Iván Villar, Bermejo e Sergio Carreira.

Juan Hernández, Kevin e Beauvue son baixa por lesión. Pape Cheikh é baixa por sanción. Pione Sisto e Sáenz non entran na listaxe.