Hemeroteca canteira

Recalvi, patrocinador principal da totalidade dos equipos das categorías inferiores do RC Celta

RC Celta

paperecalvi.jpg

 

As categorías inferiores do Real Club Celta dispoñerán esta tempada dun único patrocinador principal. Desde o Celta B ata o benjamín, as camisetas dos distintos equipos da canteira celeste lucirán Recalvi no frontal.

Deste xeito, o club unifica a imaxe e o patrocinio de todos os conxuntos da base cunha entidade galega que vén colaborando co club de xeito exemplar nos últimos anos.

Os equipos celestes lucirán nas costas publicidade de Hijos de Rivera, cervexa no caso do filial e auga no do resto dos conxuntos das categorías inferiores.

Recalvi é un dos maiores grupos de distribución de recambios e accesorios en España e o grupo europeo con maior presenza en Latinoamérica, con almacéns propios en 5 países Centroamericáns. Con sede en Vigo, Recalvi é unha compañía con capital 100% Galego. Ademais é o distribuidor exclusivo para España de todo o merchandising Ferrari.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas