a-nosa-reconquista-camiseta-recalvi.jpg
Primeiro Equipo

Recibimento e camisetas de ‘A Nosa Reconquista’ nun partido vital

RC Celta

O extraordinario ambiente do pasado sábado no estadio de ABANCA Balaídos, o empuxe da afección desde o recibimiento ata o pitido final, foron determinantes nunha vitoria trascendental, nunha épica remontada que impulsou ao equipo na súa pelexa pola salvación.

Este domingo ás 18.30 horas, o RC Celta volve afrontar un encontro decisivo ante a Real Sociedad, e o celtismo envorcouse de novo na xeración dun ambiente máxico para arroupar ao seu equipo. Coas entradas esgotadas en apenas 12 horas, as peñas convocan un recibimento na explanada de Tribuna ás 16.45 horas para que os xogadores reciban o agarimo e o ánimo da afección desde a súa chegada ao estadio.

Ademais, o club, da man de Recalvi, repartirá de xeito gratuito nas 21 portas de entrada ao estadio camisetas co lema de ‘A Nosa Reconquista’ aos primeiros 5000 afeccionados que accedan á grada para animar ao equipo xa desde o quecemento.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas