Recoñecemento pola súa gran tempada ao Celta Zorka en A Sede

O RC Celta recibiu este mércores en A Sede a directivos e plantilla do Celta Zorka e brindoulle unha merecida homenaxe por unha tempada magnífica na que, por segunda vez consecutiva, rozaron o ascenso á máxima categoría do baloncesto feminino.

O Celta Zorka finalizou a competición regular no primeiro posto da súa división cun balance de 24 vitorias e só dúas derrotas. Na fase final, as celestes esforzáronse ao máximo e competiron con entusiasmo, pero caeron ante un equipo cun enorme potencial, o Campus Promete.

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e o seu homólogo do Celta Baloncesto, Carlos Álvarez, intercambiáronse as camisetas de ambos clubs para conmemorar este encontro entre dous das institucións máis importantes do deporte vigués.