Hemeroteca canteira

Remontada do Celta Xuvenil División de Honra ante o Veriña (2-3)

RC Celta

Os vigueses deron a volta a un resultado adverso de 2-0

 

O Celta Xuvenil División de Honra continúa líder da clasificación, mantendo a vantaxe de 8 puntos sobre o segundo clasificado, tras unha gran remontada no campo do Veriña.

 

Os asturianos adiantáronse aos 9 minutos por medio de Ponte, que volvería anotar no 31 para pór o 2-0 no marcador. Os olívicos, nunha gran mostra de carácter e madurez, continuaron loitando até o último minuto do primeiro tempo, no que reduciron diferenzas grazas a un tanto de José Varela.

 

No segundo tempo dous goles de Borja, nos minutos 54 e 69, permitiron ao Celta conseguir a vitoria ante un rival que non puxo as cousas nada fáciles ao líder da categoría.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas