Resumo | Espanyol 1-1 RC Celta

O RC Celta sobrepúxose a un tanto inicial do Espanyol e logrou rabuñar un punto no RCDE Stadium (1-1). Os celestes foron de menos a máis e mesmo puideron gañar o encontro, sobre todo tras o gol de Maxi Gómez, que espoleou ao equipo adestrado por Fran Escribá até o asubío final.