Resumo | FC Barcelona 4-1 RC Celta

Boa imaxe do Celta na estrea de Óscar García como adestrador celeste. A pesar do resultado avultado (4-1), o cadro olívico ofreceu sensacións renovadas tras só catro adestramentos co novo corpo técnico. Un gran Messi, quen marcou un gol de penalti e dous de falta directa, decantou o encontro ao lado barcelonés. Lucas Olaza estreouse como goleador cun gran tiro libre na frontal da área.