Resumo | SD Huesca v RC Celta

Partido intenso e aloucado no que o RC Celta logrou gozar dunha vantaxe de 0-2, con goles de Brais Méndez e Iago Aspas, pero que o Huesca foi capaz de dar a volta a falta de vinte minutos para o asubío final. Un gol de Boudebouz ‘in extremis’ permite aos celestes sumar un punto que pode ser vital na carreira pola permanencia.