asientos-rio-bajo-estadio-4.jpg
Celtismo

Río Baixo: información para os abonados

RC Celta

Ante as numerosas dúbidas e queixas que o RC Celta está a recibir pola reforma da Bancada de Río Baixo realizada polo Concello de Vigo, o club quere comunicar aos abonados da mencionada bancada que adoptará diversas medidas encamiñadas a aclarar a situación e ofrecer as solucións ao seu alcance.

Aínda á espera de que o Concello solucione esta semana os problemas xerados pola deficiente colocación dos novos asentos, algo ao que se comprometeu publicamente, o RC Celta tomará as seguintes iniciativas:

Os días 8 e 9 de agosto, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, realizaranse unhas xornadas de portas abertas para que todos os abonados de Río Baixo poidan acceder á bancada e comprobar in situ a localización e comodidade dos seus asentos, acción que tamén poderán realizar no partido correspondente ao Memorial Quinocho.

Durante eses mesmos días e no mencionado horario, o abonado pode xa solicitar nas billeteiras o cambio de localidade a calquera outro asento do estadio que non estea ocupado, excepto os da Bancada de Marcador. No caso de que a bancada elixida teña un prezo inferior, o club abonaralle a diferenza e se o prezo é superior será o abonado o que a asuma.

Ademais, antes do día 17 de agosto, os abonados poderán tamén solicitar a baixa e o club devolveralles o importe íntegro do abono.

O RC Celta lamenta as inquietudes e molestias que a actuación externa ao club xerou aos abonados celestes e reafirma o seu compromiso de defender os seus intereses a pesar de quen lle pese.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas