Rubén Albés non seguirá no Celta B

Rubén Albés, adestrador do Celta B cuxo contrato expira o próximo 30 de xuño, non continuará no club a próxima tempada. O RC Celta quere expresarlle o seu sincero agradecemento pola súa extraordinaria labor, profesionalidade e compromiso á fronte do filial nas dúas últimas campañas. O club deséxalle un gran éxito na súa nova etapa deportiva.