Rubén Albés: “O Celta B ten a fortaleza para superar a eliminatoria”

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, atendeu aos medios de comunicación antes da transcendental eliminatoria pola permanencia en 2ªB que enfrontará aos celestes ao Alcoyano. Este domingo ás 12:00, partido de ida en Barreiro.

O club lembra que non haberá entradas á venda debido á alta expectación e o dereito dos abonados celestes a asistir gratuitamente, a quen o RC Celta anima a asistir para empuxar ao equipo cara á vitoria.