Rubén Blanco, brillante participación no Campionato de Europa Sub-19

Ruben_Blanco_-_Sub19.jpg

Gran papel do canteirán na selección española, que onte caeu ante Francia en semifinais

 

A selección española Sub-19 puxo punto e final á súa participación no Campionato de Europa cunha amarga derrota ante Francia. A eliminatoria chegou á prórroga cun 1-1 no marcador e a sensación de que calquera dos conxuntos podía facerse co triunfo. A fortuna caeu do lado francés, que aproveitou un erro da defensa española para sentenciar a semifinal e eliminar á vixente campioa do Europeo. Rubén Blanco pouco puido facer na malograda xogada.

 

O porteiro canteirán do Real Club Celta foi un dos xogadores máis destacados do torneo, erixíndose como o gardameta indiscutible da Sub-19 e transmitindo seguridade e madurez baixo paus. A confianza dos seleccionadores nacionais no garda redes é un aval máis para a decidida aposta do club polo proxecto de canteira.

 

Fotografía: RFEF

Leave a Reply

4 × 5 =