Rubén Blanco e Murillo entran no XI ideal de LaLiga Fantasy

O bo facer dos xogadores do RC Celta ante o Getafe segue acaparando recoñecementos. Rubén Blanco e Jeison Murillo foron incluídos no mellor once da xornada 27 de LaLiga Fantasy. A súa brillante actuación, xunto á do resto dos seus compañeiros, foi decisiva para manter a portaría a cero.