Rubén Blanco entra no “Equipo da Semana” de EA Sports

O gran encontro realizado por Rubén Blanco no Wanda Metropolitano non pasou desapercibido. O canteirán celeste detivo todas as ocasións creadas polo Atlético de Madrid e foi clave no empate conseguido polo RC Celta ante os branquivermellos. O porteiro foi incluído esta semana no “Equipo da Semana” de EA Sports. Rubén Blanco xa acumula dous partidos sen recibir gol na presente tempada.